RIANXO> A mellora na comercialización e a construción dunha depuradora son os principais retos de futuro da confraría de Rianxo. Así o explicou Miguel Ángel Iglesiais, que repetirá como patrón maior durante os próximos catro anos. A ampla maioría obtida na xunta xeral garántelle a Miguel Ángel Iglesias a súa reelección como patrón maior de Rianxo. Durante os próximos catro anos poderá dar continuidade a grandes proxectos que xa se iniciaron durante o pasado mandato como a mellora nos sistemas de comercialización e a construción dunha pequena depuradora. A confraría ten tamén en marcha diversos proxectos de rexeneración de zonas improdutivas para conseguir un maior rendemento das autorizacións e garantir recurso ó longo de toda a campaña marisqueira.
Inicio BARBANZA