As promesas da natación galega danse cita en Pontemuíños

 PONTEVEDRA> O Club de Natación Galaico de Pontevedra organiza a oitava edición do Trofeo Promesas do Lérez. No evento participarán case 300 deportistas en categorías benxamín e alevín. Unha boa oportunidade para ver as evolucións destes rapaces na piscina de 50 metros de Pontemuíños.

{flowplayer}images/salnes/TrofeoLerez_110413.flv{/flowplayer} 

Neste Trofeo Promesas do Lérez, que cumpre a súa oitava edición, tomarán parte case 300 deportistas de entre 8 e 13 anos de 13 clubes, 11 deles galegos e os outros dous do Norte de Portugal. O club local, o Galaico, concurrirá con 50 nadadores. O feito de que compitan en piscina e 50 metros fai esta competición máis especial. 

O concelleiro de deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, destacou a importancia deste tipo de competicións coas que moitas veces se dan a coñecer os xóvenes talentos do deporte 

As carreiras comezarán na piscina de Pontemuíños ás 10:30, coa disputa das primeiras eliminatorias. As finais quedarán para a tarde, a partires das 16:00.

Redacción Salnés