Un parapléxico denuncia que o botaron de Montecelo sen curalo

     PONTEVEDRA> Unha muller de Mourente, Pontevedra denuncia publicamente que o Hospital de Montecelo mandou ó seu home parapléxico…

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_hospital_montecelo.flv{/flowplayer}

     … para a casa sen ter curado as súas feridas para evitar unha posible denuncia por neglixencia. A súa precaria situación vense prolongando desde fai máis dunha década cando Manuel Bastón sufriu un accidente laboral que o deixou prostrado nunha cadeira de rodas.

    Tralas dúas primeira operacións satisfactorias no centro especializado de Toledo, este matrimonio pontevedrés comezou o seu viacrucis particular por diferentes médicos e especialistas ata que fai uns meses unha das feridas de Manuel empezou a supurar sangue de xeito alarmante e tivo que ser ingresado.

    Ó pasaren os días Lucía comezou a constatar anomalías na evolución do paciente que consultou con unha Asociación á que pertence que lle recomendou poñer ás mesmas en coñecemento do forense de garda. Unha vez que os botaron do Hospital de Montecelo, Lucía continuou a facerlle as curas na casa ca axuda da asistencia a domicilio do SERGAS. Nunha destas foi cando constatou como frearan a forte hemorraxia do seu home.

    Ante esta situación de pesadelo que se prolonga de máis no tempo a Lucía non lle queda de máis que dar a coñecer o seu caso e pedir axuda publicamente. Cre que a cura pasa por trasladalo novamente ó centro especializado de Toledo onde tanto ben lle fixeron noutrora.

    Redacción Salnés