Boiro Novo apela a un gran pacto da esquerda para evitar a chegada do PP á alcaldía

BOIRO> Entre outras cuestió piden a constitución dunha mesa de diálogo na que estean representadas tódalas forzas progresistas da corporación municipal.

O grupo municipal de Boiro Novo quixo mostrar tamén a súa postura ante o que podería derivar nunha moción de censura que levara ó PP de novo a alcaldía. Para Boiro Novo esta situación vén provocada pola propia irresponsabilidade do Partido Socialista, que decidiu abandonar o diálogo coas forzas de esquerdas que os apoiaron na investidura, e buscar apoios do Partido Popular para sacar adiante varias das súas propostas.

Por resta razón dende a formación nacionalista fan un chamamento público a tódalas forzas progresistas na corporación local para constituír unha mesa de diálogo e frear así unha posible chegada dos populares á alcaldía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí