Aparecen pintadas de carácter satánico na Curota

     POBRA> O miradoiro da Curota volveu ser escenario de actos vandálicos. Esta fin de semana apareceron unha serie de pintadas na zona con mensaxes de carácter satánico.

    {flowplayer}barbanza/pintadassatanicascurota.flv{/flowplayer}

    Unha patrulla da policía local da Pobra que realizaba unha inspección rutinaria pola Curota detectou o pasado sábado as pintadas. Céntranse nos paneis indicativos e no miradoiro da Curota. As mensaxes aluden a supostos ritos satánicos aínda que na zona non hai máis indicios de supostas prácticas de espiritismo.

    Os operarios municipais iniciaron a limpeza do mobiliario urbano afectado. A policía realizou un informe cos danos que non son moi cuantiosos.

    A aparición de pintadas non é un feito illado senón que se teñen detectado en varias zonas do municipio. O sorprendente é o contido das mensaxes relacionados con cultos escurantistas. Dende a policía insisten que se trata de vandalismo e non ven relación con prácticas rituais.

    Redacción Barbanza