Un veciño reclama o arranxo do acceso á súa vivenda

    rafael_abal100.jpgBARRO> Un veciño reclama ó Concello o arranxo dunha pista pola que ten acceso á súa vivenda. Rafael Abal vive no lugar de Piñeiro, …

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_vecino_barro.flv{/flowplayer}

    BARRO> Un veciño de Barro reclama ó Concello o arranxo dunha pista pola que ten acceso á súa vivenda.

    Rafael Abal vive no lugar de Piñeiro, na parroquia de Valiñas e asegura que levan tres anos coa estrada neste estado. A penas con espazo para o paso dun turismo, a calzada está rota no linde cunha viña que queda nun nivel máis baixo, co conseguinte perigo.

    Rafael Abal xa se puxo en contacto co alcalde e máis cun concelleiro para reclamar, polo menos, un muro de contención na finca lindeira que evite o deterioro da estrada. Este veciño asegura que hai vontade por parte dos propietarios afectados de ceder os terreos necesarios para arranxar a estrada.

    A pista quedou neste mal estado logo do paso dunha máquina pesada e desde entón ninguén se fixo cargo dos danos. Rafael Abal espera que desta o Concello atenda as súas reclamacións.

    Redacción Salnés