Talía Teatro estrea mañá venres en Rianxo a súa última función: ‘Lambetadas’

RIANXO> Trátase dun espectáculo para público familiar. A estrea será ás oito e media da tarde con entrada de balde ata completar aforo.

Esta mañá presentábase no auditorio rianxeiro a estrea de ‘Lambetadas’, unha das últimas montaxes de Talía Teatro. É un espectáculo para público familiar protagonizada por María Ordóñez e Diego Rey e dirixida por Santiago Cortegoso, a partir de textos del mesmo e doutros autores, como é o caso de María Canosa e Séchu Sende, que busca a concienciación e a posta en valor da nosa lingua, que nos fai diferentes a outros.

O espectáculo, a primeira aposta desta recoñecida compañía teatral dirixida a un público máis miúdo, é posible grazas tamén ó patrocinio da firma galega Deleite.

Dende o concello de Rianxo destacaron a importancia de poder acoller a estra desta obra.

Despois de Rianxo, o espectáculo iniciará unha xira por diferentes localidades da nosa xeografía. O vindeiro domingo estará no Curturgal en Pontevedra para percorrer posteriormente máis dunha ducia de vilas galegas entre as que se atopan Santiago, O Barco, O Carballiño ou a Estrada entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí