Arrancan as rutas Pazo Rubiáns-Illa de Cortegada

     VILAGARCÍA> Nesta primeira visita tomaron parte preto de corenta touroperadores, guías profesionais e medios especializados

    {flowplayer}images/salnes/ViaxesRubians_150413.flv{/flowplayer} 

    Esta nova ruta turística une dous dos puntos máis emblemáticos de Vilagarcía de Arousa: o Pazo Rubiáns e a Illa de Cortegada. O itinerario realízase dependendo das mareas e por iso onte comezouse a visita en Rubiáns, coñecendo os segredos deste pazo e especialmente dos seus xardíns. Exemplares de árbores singulares, magnolios de máis de 300 anos ou camelias que superan os 200.

    Son precisamente as camelias as que distinguen estos xardíns, onde se atopan máis de 3.000 exemplares de 426 variedades diferentes, máis da metade delas aínda sen identificar. Estas propiedades aspiran a converterse en Xardín de Excelencia Internacional, polo que estamos a falar dun lugar único a nivel botánico.

    Os asistentes tamén desfrutaron dunha visita polo interior do pazo, onde se levou a cabo o xantar antes de marchar cara a Illa de Cortegada. Este espazo é o único dos pertencentes ó conxunto do Parque Nacional das Illas Atlánticas que se pode visitar durante todo o ano. A riqueza natural de Cortegada e en especial o bosque de loureiros, único en Europa, fixo as delicias dos visitantes.

    Nesta primeira visita participaron touroperadores, guías profesionais e medios especializados se ben a partir da vindeira semana poderán contratarse polo público en xeral, a través de Turgalicia ou da páxina web: www.pazoderubianes.com. O prezo é de 35 euros para os adultos e 15 para os nenos. Os días de visita son os sábados, domingos e festivos en horariode mañá e tarde, incluíndo nese prezo o almorzo.

    Redacción Salnés