Nova suspensión do Rali de Noia

NOIA> Malas novas para o mundo do motor. A escudería Berberecho, organizadora do Rali de Noia, vén de comunicar novamente a suspensión da 36ª edición desta mítica proba que ía disputarse os días 14, 15 e 16 de maio.

Nun comunicado oficial feito público na súa páxina web e nas redes sociais, a entidade decidiu tomar esta decisión ante os novos casos positivos de covid detectados nas últimas semanas, ó denegárselle tamén a autorización correspondente por parte do Concello.

Dende a escudería Berberecho piden desculpas a todo aquel que poida sentirse prexudicado por esta decisión: participantes, patrocinadores, e público en xeral.

A Xunta Directiva informou tamén de que permanece á espera de que por parte da Federación Galega de Automobilismo lle brinden novas datas, por se existe a posibilidade de celebrar a proba máis adiante, ou pola contra, se volve suspender definitivamente como acontecera coa edición do ano pasado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí