Enmacosa pacta cos traballadores 33 despidos

     SANXENXO> Logo de un período de negociacións entre empresa e representantes sindicais, finalmente serán 33 as persoas que perdan os seus postos de traballo.

    {flowplayer}images/salnes/EreEnmacosa_170413.flv{/flowplayer} 

    A proposta de despedir a 33 traballadores foi aceptada a última hora de onte polo plantel, reunido en asemblea, con 53 votos a favor, 14 en contra e 5 en branco. Catro deses despidos son baixas incentivas con acordo. Dende o sindicato UXT, que asesora ós traballadores, valoran positivamente, canda menos, ter acadado unha rebaixa no número de despedimentos.

    A empresa xustifica estes despidos en causas económicas, organizativas e productivas e que responden ó período actual de crise e á reducción de actividade da empresa. Amósanse satisfeitos por ter chegado a este acordo.

    Dende os sindicatos arrancaron o compromiso da empresa de non facer máis despidos ata mínimo, o mes de setembro. O que aínda se descoñece é cantos postos de traballo se perderán en cada unha das sés da empresa. Deses 158 empregados, 99 traballan en Sanxenxo, mentres que o resto repártense entre outras nove oficinas en toda España. As de Mos e Oleiros serán as outras afectadas pola reducción.

    Os despidos comezarán a facerse efectivos a partires do 1 de maio. Non teñen aínda nome nin apelidos pero agárdase que a reducción afecte máis á sé de Sanxenxo.

    Redacción Salnés