RIBEIRA> O 12 de outubro, Ribeira acollerá a primeira Milla da Hispanidade organizada pola escola deportiva El Canario. O obxectivo desta proba que se desenvolverá na avenida do Malecón é fomentar a práctica do deporte entre os máis pequenos.
A escola deportiva El Canario segue a estreitar a súa colaboración co concello de Ribeira coa organización de eventos deportivos. Trala velada de boxeo e a carreira 5k, agora vai poñer en marcha a primeira Milla da Hispanidade orientada a promover a práctica deportiva, especialmente entre os máis pequenos.
As probas darán comezo ás cinco da tarde na avenida do Malecón coas carreiras dos máis pequenos. Na categoría absoluta haberá premios económicos para os primeiros clasificados.
Os interesados en inscribirse poden facelo a través da web da Federación Galega de Atletismo ata o domingo día 6. O prezo é de 5 euros a partir de sub16 e de balde para as categorías base.











