POBRA> A Garda Civil, en colaboración co Servizo de Vixilancia Aduaneira, incautouse dun total de 452 cartóns de tabaco de contrabando nun buque con bandeira estranxeira atracado no peirao comercial da Pobra do Caramiñal. Foi durante un control rutineiro.
Os axentes entraron na embarcación e localizaron agochados nun compartimento de proa, un total de 13 vultos sospeitosos.
Unha vez rexistrados, comprobaron que se trataba de tabaco de contrabando.
Despois de facer o reconto en dependencias oficiais determinaron que se trataban de preto de cen mil cigarros de diferentes marcas, cun valor no mercado de máis de 20 mil euros.
A Garda Civil proceder á detención do capitán do barco acusado dun delito de contrabando.