Iñaki Sanz e Alberto Corbacho cautivan ós nenos do CBV

VILAGARCÍA> Máis de 200 rapaces integran este ano o Club Baloncesto Vilagarcía, unha clara aposta da entidade polo deporte de base. Os equipos foron presentados este domingo diante de dous convidados de excepción, os xogadores do Obradoiro Iñaki Sanz e Alberto Corbacho. Como xa ven sendo habitual nas últimas ocasións, os actos do Club Baloncesto Vilagarcía, non deixa indiferente a ninguén. Desta volta foi no pavillón Castelao, quenda de novo para o desfrute dos rapaces e familiares coa presentación dos equipos de base. A entidade volve a apostar este ano pola canteira e tamén pola formación. Baixo o slogan ‘Always Different’, nesta campaña o club contará con tres adestradores estranxeiros que só se dirixirán ós nenos en inglés. Na presentación non faltou de nada. Houbo exhibicións de baile, de capoeira… pero sen dúbida polo que se acordarán os rapaces é pola presenza de dous xogadores do Obradoiro de ACB: Iñaki Sanz e Alberto Corbacho. Foron as dúas grandes sopresas deste acto do Club Baloncesto Vilagarcía, xa que ninguén contaba con eles. Ambos dirixíronse ós cativos, dándolles os seus consellos de cara a temporada que agora comeza e tamén fotografiándose e asinando autógrafos. Redacción Salnés {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/30/cbvilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/cbvilagarcia.mp4{/flowplayer}