Caldas estrea a nova edición dos showcookings “Cociña de Mercado”

     CALDAS> Rías Baixas, Territorio Gastronómico “Cociña de Mercado” este é o nome da actividade que se ven de reanudar na Praza de Abastos…

    {flowplayer}images/salnes/showcooking_caldas.flv{/flowplayer}

     … de Caldas, que fixo as veces hoxe de escenario dun showcooking, a cargo dun dos cociñeiros máis prestixiosos da nosa autonomía: o chef Xosé Torres Cannas do Restaurante Pepe Vieira. Este integrante do afamado grupo Nove sorprendeu ós asistentes ca elaboración dun menú doado e barato. Torres Cannas desvelounos o segredo tanto desta receita, como daquelas que se están a servir nos mellores restaurantes de Galicia; e que converten a nosa Comunidade nunha referencia inevitable en gastronomía. E é que promover as vendas das Prazas de Abastos de Galicia é o principal obxectivo desta iniciativa que recunca este ano con estas novas demostracións, tralo éxito da edición anterior.

    Se lle quedaron ganas de intentar na casa esta receita ou calquera das seleccionadas no concurso entre os praceiros das Rías Baixas, saiban que poden ollalas e mesmo imprimilas nos totems que a Deputación de Pontevedra dispuxo en mercados como os de Portonovo, o Grove, Caldas, Bueu, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa, Redondela ou Porriño. E precisamente Porriño será o lugar escollido para o seguinte demostración culinaria; será o martes 30 de abril, tamén a media mañá. As vindeiras citas serán Redondela o 7 de maio e a Praza de Abastos do Grove o 15 de maio. Neste último caso a cargo do chef Javi Olleros do Restaurante Culler de Pau de O Grove.

    Redacción Salnés