CAMBADOS> Cambados despediu o mes de agosto co concerto de Manu Chao. Dúas mil cincocentas persoas achegáronse a gozar do artista de cancións como Clandestino e Me Gustas tú. O éxito do concerto levouse as rúas onde os hostaleiros notaron a afluencia de persoas.
O concello de Cambados vibrou o pasado venres co concerto de Manu Chao. A actuación do artista era moi demandada na vila pero debido á pandemia o goberno local non puido pechar a cita. Coa nova normalidade o concello organizou o concerto do artista como peche de agosto.
Ao concerto asistiron dúas mil cincocentas persoas chegadas de toda a comarca pero tamén de diferentes puntos de Galicia e incluso do país.
Son moitos os que levan anos seguindo ao artista franco español.
O concerto alongouse ata case as dúas horas de duración para o goce dos asistentes. Os fans de Manu Chao non escatiman en cualificacións para música do artista.
O éxito do concerto de Manu Chao transmitiuse ao resto das rúas de Cambados. Os hostaleiros sinalan que o venres foi un bo día de traballo con moito ambiente.