O PP de Poio lidera a cruza no conflicto polos lindes con Pontevedra

     POIO> Os deslindes entre Poio e Pontevedra seguen a ser fonte de liorta entre os dous Concellos, ou alomenos entre certos colectivos…

    {flowplayer}images/salnes/resposta_pp_poio_manifestacion.flv{/flowplayer}

     … de cada un deles. Uns 22 colectivos veciñais e o PP de Poio manifestáronse esta fin de semana en rúas de ámbolos dous Concellos para amosar a súa desconformidade cos lindes que Pontevedra pretende aprobar en pleno. Tal e como asegura o voceiro do PP en Poio, esta lea non é nova senón que é unha reivindicación histórica do seu pobo.

    Tal é así que xa houbera unha marcha semellante a desta fin de semana no 1986; un asunto que quedou, segundo eles, esquecido trala chegada do bipartito de esquerdas ó Consistorio local. Agora será o Instituto Xeográfico Nacional o que decida sobre esta cuestión logo de que ámbolos dous Concellos implicados levantaran o pasado mes unha acta de desconformidade. Tanto Poio como Pontevedra aseguran guiarse por unha acta de 1898 na que se fixan os límites desde o Alto do Castrove ata a ría.

    A diferencia segundo o PP de Poio é que Pontevedra bota man dun párrafo da acta de 1939 do franquismo que lle ten conta para quedarse cun espazo significativo pertencente ó Concello de Poio. Os populares de Poio denuncian a non comparecencia do BNG e do PSOE na manifestación da fin de semana e reclámanlle unha maior implicación na defensa dos intereses da cidadanía que no seu día lles votou.

    A moción relativa a estes lindes ía a ser aprobada no pleno municipal previsto na Capital do Lérez desta mañá, unha sesión que tivo que ser aprazada sine die pola interrupción dos afectados polas participacións preferentes.

    Redacción Salnés