Os orzamentos de Ribeira destinan quince millóns a investimentos

     RIBEIRA> O executivo ribeirense presentou os seus presupostos para este ano 2013, que serán levados a próxima semana a pleno para a súa aprobación inicial.

    {flowplayer}barbanza/presupostosribeira13.flv{/flowplayer}

    O importe global ascende a 22’1 millóns de euros, unhas cifras que os sitúan nos cuartos máis altos da historia deste concello. 

    Aínda que supoñen un 5% menos que o orzamento do pasado ano, o alcalde, Manuel Ruíz, considera que o documento orzamentario para este ano 2013 destaca polo seu alto capítulo de investimentos, o que converterá a Ribeira nun dos concellos máis inversores de toda Galicia, xa que se van destinar a este fin ó redor de 15 millóns de euros saídos directamente das arcas municipais, unha cantidade nunca antes alcanzada por esta Administración Local. Desa cifra, ó redor de cinco millóns de euros están consignados nos orzamentos deste ano.

    No capítulo de investimentos non se incluirán importantes actuacións que outras Administracións están a desenvolver en Ribeira, como é o caso da lonxa ou da estrada de Xenxides a Corrubedo, ambas realizadas pola Xunta ou a futura rotonda do Vilar que acometerá a Deputación.

    O alcalde destacou a capacidade do concello para non ver diminuídos os seus ingresos pese ó contexto de crise actual, afirmando que preto do 50% dos mesmos derivan do seu esforzo xestor con taxas e impostos municipais.

    Redacción Barbanza