A Deputación da Coruña destina uns 462 mil euros en axudas a confrarías

BARBANZA> A Deputación da Coruña destina este ano uns 462 mil euros para apoiar ás confrarías de pescadores e ás agrupacións de mariscadores da provincia. Hoxe abríase o prazo de solicitudes desta liña de subvencións, que se poderán tramitar de xeito telemático a través da plataforma SUBtel ata finais deste marzo. Durante o pasado ano foron un total de 30 os pósitos e agrupacións de mariscadores que recibiron o apoio económico do organismo provincial para manter a súa actividade. A través deste programa de apoio ás confrarías, os pósitos coruñeses poden optar a axudas de entre mil e 30 mil euros, que poden destinar a cuestións coma a contratación de persoal ou a modernización das súas infraestruturas, así como tamén a mellorar procesos de produción e comercialización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí