BOIRO> Boiro encara decembro con moitas celebracións. Ademais do Nadal, que arrancará este venres co acendido do alumeado, acollerá a partir do día 8 as festas na honra de Santa Baia.
Todo listo en Boiro para dar o pistoletazo de saída ó Nadal. Este sábado tera lugar o acendido do alumeado no que colaborará a asociación AMBAR e a escola de ballet Cien Pliés.
Pero decembro en Boiro e moito más que Nadal porque neste mes celebran tamén as festas na honra da súa patroa, Santa Baia.
Ademais das celebracións relixiosas, a comisión deseñou unha ampla oferta lúdica entre a que destaca, por exemplo, a verbena nocturna do sábado amenizada pola orquestra Trebol ou a festa dos Callos o domingo pola mañá.