Noia será sede este sábado da terceira das probas da Liga Xunta de Galicia de Break

NOIA> Despois das dúas primeiras citas xa disputadas de Lalín e Burela, Noia acollerá este sábado unha nova proba do calendario da Liga Xunta de Galicia de Break.

A cita desenvolverase na alameda, a partir das cinco da tarde. En caso de chuvia trasladarase para o pavillón Agustín Mourís.

En Noia está prevista unha participación superior as 60 persoas chegados dende diferentes localidades galegas.

No concurso haberá varias categorías: iniciación, intermedia e avanzada, tanto para individuais como para parellas.

Poderán participar todos aqueles que o desexen a partir dos seis anos.

A comarca noiesa será tamén protagonista na próxima cita do calendario da Liga Xunta de Galicia de Break, que se disputará o 1 de xullo en Porto do Son, durante o Rompetiño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí