Escolares de Pontevedra asisten como público o seu primeiro xuízo

     PONTEVEDRA> Varias decenas de alumnos do IES Torrente Ballester de Pontevedra asistiron esta mañá na sección segunda da Audiencia…

    {flowplayer}images/salnes/visita_estudantes_audiencia.flv{/flowplayer}

    … Provincial a un xuízo por tráfico de drogas. Era esta a primeira vez que asistían a unha comparecencia ante a xustiza deste tipo e aínda que lles gustou polo xeral confesan que non é o que se agardan, nos máis dos casos pola idea preconcibida que se tiñan feito influídos polas películas e series norteamericanas.

    Amais esta primeira toma de contacto asentounos ante a realidade próxima de que posiblemente, unha vez que acaden a súa maioría de idade, poderán ser chamados a formar parte dun xurado popular e verse envoltos nunha situación semellante.

    Un papel que se lles figura complicado a priori. Ó termo do xuízo, estes estudiantes mesmo tiveron a oportunidade de preguntar o que quixeron tanto ós xuíces da Audiencia como ó propio fiscal e a avogada defensora.

    A pesares do apaixoante da experiencia, non foi dabondo como para motivalos a decantarse por unha profesión vencellada á impartición da Xustiza.

    O que tampouco fixo falla foron as advertencias do autodeclarado culpable no xuízo por tráfico de drogas que na súa declaración final lles aconsellou non meterse neste escuro mundo. Tanto Fátima como Marta xa era unha lección que levaban ben aprendida da casa.

    Redacción Salnés