![]()
RIBEIRA> A comunidade educativa do Barbanza pechouse no IES Número 1 en protesta pola Lei LOMCE. Dáse así continuidade ós actos simbólicos en rexeitamento desta norma.
{flowplayer}barbanza/pecheiesnumero1.flv{/flowplayer}
O Barbanza súmase ós actos de protesta que se están a desenvolver en toda Galicia para protestar contra a aprobación da lei LOMCE. Unha norma que segundo a plataforma en defensa do ensino público limita o acceso á educación e terá como consecuencia un incremento do fracaso escolar.
Ademais de rexeitar a lei, dende a plataforma critican duramente as políticas educativas da Consellería de Educación por non atender as demandas do Consello Escolar.
Folga
Tras este peche desenvolveranse outros noutras vilas galegas como Gondomar ou Pontevedra que culminarán na folga do ensino convocada para o día 29.
Redacción Barbanza









