NOIA> A confraría de Noia converterase na primeira de toda Galicia en vender molusco en orixe baixo a marca PescadeRías ofrecendo ós consumidores a total garantía de trazabilidade.
{flowplayer}barbanza/vendaenorixemoluscosconfrarianoia.flv{/flowplayer}
O proxecto para a venda en orixe xurdiu hai varios meses por iniciativa dos socios da confraría e ante a crecente demanda de clientes de toda a comarca interesados en poder adquirir o marisco na propia lonxa.
Así, a confraría solicitou unha subvención do Grupo de Acción Costeira para poder financiar a adquisición da instalación depuradora, que supuxo un investimento próximo ós corenta e dous mil euros.
A confraría comezará a vender directamente no inicio da próxima campaña previsiblemente no mes de outubro. Nun principio dedicarase á venda minorista e, en función dos resultados, poderase ampliar a grandes cadeas de distribución.
Tal e como explica o secretario da entidade, este proxecto non nace con vocación de negocio senón coa intención de dar saída ó produto e prestar un servizo moi demandado na comarca.
Iniciativa pioneira
Aínda que moitas confrarías teñen vendedurías propias de peixe, Noia é pioneira na venda directa de molusco. Tan só a de Barallobre en Lugo conta cun punto de venda de marisco en orixe aínda que non baixo a marca de pescadeRías.
Redacción Barbanza