Case mil deportistas daranse cita no Nacional de Duatlón

 PONTEVEDRA> A Cidade do Lérez prepárase para acoller esta fin de semana o Campionato de España de Dúatlon que contará coa presenza xa confirmada de 827 deportistas. A competición foi presentada polo alcalde Fernández Lores e mailo o presidente da Federación Galega, Francisco Villanueva.

{flowplayer}images/salnes/PtacDuatlon_240413.flv{/flowplayer} 

O acto tamén contou coa presencia do edil de deportes Agustín Fernández e os duatletas Fani Domínguez, Aida Valiño e Antonio Serrat. Este Campionato de España de Dúatlon terá unha importancia deportiva engadida porque outorgará prazas para o Mundial na categoría paralímpica e grupos de idade, o que causou un importante incremento das inscricións nestas modalidades. Será para a cidade, antesala do Campionato do Mundo desta disciplina que se celebrará en Pontevedra en 2014. Dende o concello amósanse moi satisfeitos pola gran cantidade de eventos deportivos de importancia que están a acoller.

O sábado, día 27, será o día grande coa celebración de probas elite, sub 23, júnior, cadete e paraduatlon dende primeira hora da mañá. O domingo será para os grupos de idade. O presidente da federación, Francisco Villanueva, resaltou a calidade dos deportistas que van estar presentes en Pontevedra. 

Os representantes galegos parten con opcións de medalla en moitas categorías, non en van en 2012, no nacional de Águilas sumáronse un total de dez medallas, catro individuais e seis por equipos.

Redacción Salnés