VILAGARCÍA> A XVII Regata Almirante Rodríguez Toubes está organizada conxuntamente polo Real Club de Regatas Galicia e a Escola Naval Militar de Marín. Como sempre serán dúas etapas entre Vilagarcía e Marín que se disputarán os días 11 e 12 de maio.
{flowplayer}images/salnes/PtacRegataToubes_250413.flv{/flowplayer}
A Regata Almirante Rodríguez Toubes conta coa presidencia de honra da S.A.R. Príncipe de Asturias. Trátase dunha regata puntuable para a Copa Galicia e na que participarán ó redor de 35 embarcacións, seis delas pertencentes á Escola Naval Militar de Marín.
O percorrido da proba será igual o de anos anteriores. O sábado día 11 farase a etapa entre Marín e Vilagarcía para facer o camiño de volta entre ámbolos dous puntos o domingo día 12. Será polo tanto en Marín onde se faga entrega dos premios ós vencedores.
Por outra banda dende o Real Club de Regatas Galicia xa anunciaron que están a traballar na organización da Semana Náutica de Vilagarcía, que se celebrará no mes de setembro. Servirá para conmemorar a primeira feita na capital arousá, que foi tamén a primeira a nivel nacional, hai exactamente 100 anos, en 1913.
O acto desta mañá contou coa presencia do principal patrocinador do evento, o presidente de Extrugasa Andrés Quintá.
Redacción Salnés