NOIA> Falámoslles agora de taekwondo. Ó redor duns cincocentos deportistas de toda España reuniránse este próximo sábado en Noia para a disputa do Torneo FITE Open de Taekwondo ITF. A proba está organizada polo Club ITF Noia.
Noia volverá a centrar a atención do taewondo a nivel nacional coa disputa este vindeiro sábado do torneo FITE Open de Taekwondo ITF, que reunirá a uns cincocentos competidores chegados dende diferentes clubs de toda España.
A cita, presentada esta mañá no Concello, arrancará ás dez da mañá no pavillón municipal Agustín Mourís coas categorías infantís,e xa pola tarde tocaralle o turno ó resto de categorías. Baixo a organización do Club ITF Noia, o Torneo contará coas modalidades de formas tradicionais, combate libre individual e técnicas especiais.
O torneo servirá ademais para homenaxear a Alfrede de Bonis Herrera, un destacado practicante canario desta arte marcial falecido recentemente cunha exhibición, na xornada do sábado á tarde, na que participarán uns cincuenta cintos negros.
Dende a organización agradeceron ó Concello a súa colaboración co evento, así como tamén ás distintas casas comerciais patrocinadoras, xa que sen a súa axuda sería imposible poder organizar un torneo destas características.