‘Únete á Volta’ arrancará o 1 de maio dende Cambados

 CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra estreará en Cambados a segunda edición do programa Únete á Volta. Será cunha marcha ciclista que se agarda multitudinaria e que permitirá ir quentando motores de cara á chegada da Volta Ciclista a España. A deputada Begoña Estévez, xunto co alcalde de Cambados, Luís Aragunde, foron os encargados da presentación desta iniciativa

{flowplayer}images/salnes/IniciativaVolta_250413.flv{/flowplayer} 

Este é o segundo ano que se organiza Únete á Volta, un programa que ademais de recoller as tradicionais festas da bicicleta nos diferentes concellos, suma un amplo abano de actividades lúdicas e deportivas relacionadas co ciclismo, así como sorteos de diversos agasallos.

Logo da espectacular acollida que Cambados deu o ano pasado a Únete a Volta, coa saída ás estradas de máis de 2.500 persoas, a Deputación decidiu que en 2013 o programa arrancase dende a vila do Albariño, cunha marcha o mércores 1 de maio.

Á de Cambados seguiranlle outras marchas por distintos puntos da provincia, sendo a máis inmediata a do Val Miñor, que percorrerá o vindeiro 17 de maio os concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar. Logo chegarán outras 40, aínda con datas sen pechar. 

Para a marcha de Cambados, que dará comezo ás 11 da mañá e terá 11,2 quilómetros de percorrido, dende a organización advírtese que será necario inscribirse en liña de saída minutos antes do inicio do evento, por razóns de seguridade. Tamén recomendan o uso de casco.

Redacción Salnés