O Concello de Vilagarcía asumirá a xestión directa do ocio nas festas

     VILAGARCIA> Nas próximas festas de Santa Rita a celebrar dentro dun mes en Vilagarcía o Concello será quen asuma a xestión…

    {flowplayer}images/salnes/cambio_atraccions_villa.flv{/flowplayer}

     … directa dos postos de venda ambulante e das atraccións que se instalen no centro urbán co gallo destas celebracións.

    Un cambio na forma de organizar o evento que a penas espertou o interese da cidadanía, que pensa que, máis que deberse a razóns de seguridade ou maior control sobre os mesmos, é para garantir uns maiores ingresos ás arcas municipais. Unha das principais novidades que conlevará esta xestión directa de Ravella será o cambio de ubicación do espazo que ocupan os feirantes no Parque de Miguel Hernández.

    Para lograr unha mellor harmonía no espazo, non diminuír as prazas de aparcadoiro e garantir unha maior fluidez do tráfico na Avenida da Mariña os postos ambulantes pasarán a estar dentro do propio parque. Unha decisión que acolleron de bo grao case tódolos usuarios habituais do mesmo.

    Redacción Salnés