Desmantelado un grupo criminal especializado no roubo de cable telefónico

NOIA>  A Garda Civil detivo a un total de dez persoas, todos eles varóns, como presuntos autores de alomenos 13 delitos de roubo, de estragos, de pertenza a grupo criminal e apropiación indebida.

Foi no marco da denominada operación Copperberry.

Tódolos prendidos están acusados de subtraer máis de 5’2 toneladas de cable telefónico cun valor de máis de 350 mil euros na área de Santiago, en distintas localidades como Noia, Arzúa ou Muros, entre outras.

Segundo informan fontes do Instituto Armado o ‘modus operandi’ era sempre o mesmo….

A Garda Civil agradece tamén a colaboración cidadá prestada, que aportou  información e datos importantes para a resolución desta operación, que continúa aberta, polo que non se descartan novas detencións.