Cruce de acusacións ante presuntas irregularidades na contratación

 MUROS> A corporación muradá acordou solicitar a Portos que permita o uso público da zona portuaria para aparcamento. Este espazo permanece pechado baixo a xestión da empresa Muport S.L.

{flowplayer}barbanza/plenomurosabril.flv{/flowplayer}
 
Tralo entendemento acadado en torno a este punto e outros como a solicitude de subvención á Deputación da Coruña para os servizos sociais comunitarios chegou o desacordo cunha moción presentada polo grupo de non adscritos.
 
Regulamento de uso do galego
 
Solicitaban a rescisión do contrato co asesor xurídico por incumprir o regulamento municipal do uso do galego.
 
Malia que recoñeceron estar de acordo con varios puntos da moción, os populares votaron en contra posto que esta iniciativa foi promovida por Compromiso por Galiza, unha formación que segundo lembrou o voceiro popular non ten representación no concello de Muros.
 
Contratacións irregulares
 
Pola súa banda, a alcaldesa explicou que o concello cumpre estritamente o uso do galego contando mesmo cun departamento de normalización lingüística. Defendeu ademais a contratación do asesor xa que se axusta á legalidade, algo que segundo Caridad González non acontecía cando María Xosé Afonso ocupou cargos de responsabilidade na contratación de persoal.
 
González explicou ademais que existen moitos servizos no concello como o transporte adaptado ou o punto limpo que non teñen contrato xa que non é un requirimento xurídico.
 
Redacción Barbanza