OUTES> O proxecto de mellora do alumeado de Outes xa vai polo 40 por cento de execución. A actuación, financiada grazas a unha subvención do IDAE, permitirá substituír 2500 luminarias por outras de tecnoloxía LED. O investimento ascende ós 800 mil euros.
Avanzan a bo ritmo as obras de renovación da rede de alumeado público do concello de Outes.
O proxecto, que suporá un investimento de 800 mil euros, financiado con cargo a unha subvención do instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético, contempla tamén o cambio das farolas de Pontenafonso e Broña.