A confraría de Noia sementa un millón de unidades de ameixa en Testal

NOIA> A confraría de Noia sementou un millón de unidade de ameixa xapónica en Testal. Trátase da primeira quenda das sementeiras que levarán a cabo ó longo do verán para rexenerar os bancos trala alta mortaldade rexistrada durante a pasada campaña.

A alta mortaldade do marisco rexistrado durante a pasada campaña en Npoa lastrou non só os resultados do exercicio senón a actividade futura posto que perdeuse preto do 80 por cento da cría.

A confraría trata agora de recuperar a produtividade dos bancos con sementeiras nas que levaron a cabo en Testal cun millón de unidades de ameixa xapónica. 

Estas sementeiras súmanse ás tarefas de vixilancia e de retirada de depredadores e algas que se desenvolven ó longo de todo o verán co fin de que os bancos estean en perfecto estado de cara á apertura da vindeira campaña a finais de setembro ou principios de outubro.

Aínda que os resultados non son inmediatos e pode que non sexan visibles na próxima campaña, dende a confraría seguirán a traballar na rexeneración dos bancos. O criadoiro do Freixo dispón na actualidade de aproximadamente vinte millóns de unidades de cría de ameixa xa pónica e entre 8 e 10 de babosa que se irán sementando progresivamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí