A Pobra acende o seu Nadal o próximo 6 de decembro

A POBRA> O próximo martes día 6, A Pobra dará a benvida ó Nadal co acendido do alumeado e a inauguración do Belén. Os asistentes disfrutarán dunha chocolatada e a actuación dun coro de panxoliñas.

Como é habitual, o concello da Pobra acenderá o alumeado de Nadal o próximo día 6 de decembro. Será será ás seis e media da tarde na praza Alcalde Segundo Durán e contará con sorpresas así numerosas actividades de animación, dirixidas especialmente ós máis cativos.

Ademais da instalación das luminarias, as brigadas municipais traballan xa na decoración das rúas e edificios públicos con diversos ornamentos.

Dende o concello quixeron agradecer o labor dunha das traballadoras da brigada de xardinería, encargada de montar o belén dándolle un toque especial para que cada ano a montaxe sexa diferente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí