A Deputación financiará un proxecto de conservación en Baroña

 PORTODOSON> O organismo provincial investira neste actuación preto de 50 mil euros, cantidade na que se incluirá tamén un programa de actividades no centro de interpretación.

{flowplayer}barbanza/deputacioncorunhacastrosbaronha.flv{/flowplayer}

A Deputación da Coruña asinará proximamente co concello de Porto do Son dous convenios de colaboración que permitirán financiar, por unha banda, o programa de actividades do Centro de Interpretación do Castro de Baroña, e, por outra, o proxecto de conservación arqueolóxica da posta en valor do xacemento. En total, a achega, aprobada esta mañá durante a celebración do pleno da corporación provincial, será de preto de 50 mil euros. A Deputación subvencionará o traballo de campo a desenvolver cos centros de ensinanza, as visitas guiadas ó castro e diversas actividades como poden ser presentacións de libros e outras iniciativas culturais ou conferencias de expertos relacionadas co museo e a arqueoloxía. En canto ó proxecto de conservación do xacemento, a actuación terá por obxecto garantir a conservación das estruturas, facilitar a súa observación e estudo, así como posibilitar as visitas e o aproveitamento cultural. Os traballos a realizar pasan polo lavado e marcado de toda a zona, o rexistro arqueolóxico e a toma de mostras, o levantamento topográfico e o acondicionamento de pasos.

Redacción Barbanza