O PSOE boirense presenta catro emendas ós Orzamentos do Estado

    BOIRO> Algunhas das solicitudes fan referencia ó saneamento da conca do río Coroño, a construción dunha segunda depuradora municipal e a rehabilitación do pazo de Goiáns.

    O voceiro do PSOE boirense, Jorge Campaña, xunto coa deputada desta mesma formación política no Congreso, Paloma Rodríguez, deron a coñecer as emendas que os socialistas presentarán ós Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano referidas á localidade. Das 43 que o PSOE presentará na provincia da Coruña, catro están localizadas en Boiro. A primeira delas, por valor duns catrocentos mil euros, fai referencia ó fomento das exportacións dos produtos do sector bateeiro, marisqueiro e conserveiro da zona. Sectores, para os socalistas, estratéxicos para a comarca. A outra das solicitudes garda relación co saneamento da conca do río Coroño e a construción dunha segunda depuradora. A outra das emendas ten que ver coa rehabilitación do pazo de Goiáns e a posta en valor do centro arqueolóxico de Neixón. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/psoeboiroemendasorzamentosestado041113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/04/psoeboiroemendasorzamentosestado041113.mp4{/flowplayer}