Sanxenxo e Ribeira cumpren o obxectivo da campaña ‘Súmate ao reto’ coa súa implicación coa reciclaxe

A Consellería de Medio Ambiente entrega en Sanxenxo os premios da campaña de reciclaxe “Únete ao reto”. Unha promoción mediante a cal 15 concellos de toda Galicia comprometíanse a aumentar a reciclaxe. Entre os premiados atópanse Sanxenxo e Ribeira.

A consellería de Medio Ambiente puxo en marcha no 2018 a campaña “Únete ao reto”. Unha promoción mediante a cal os concellos participantes comprométense a mellorar a reciclaxe no contedor amarelo e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de separar o lixo. Na segunda edición desta campaña entre os municipios premiados atópanse Ribeira e Sanxenxo.

A campaña está organizada ademais de pola Xunta pola entidade sen ánimo de lucro Ecoembes. Dende a organización destacan a implicación dos concellos.

A concienciación dos concellos está permitindo que Galicia mellore considerablemente os seus datos medio ambientais. A emisión de gases invernadoiro reduciuse nun 23,8 por cento neste ano. As cifras de reciclaxe ascenderon este ano ata as 70 mil toneladas, un 13% máis que na tempada anterior, o que se traduce nunha reciclaxe por galego de 15 quilos.

O premio para estes concellos é de 2 mil euros, que será destinados a unha causa social.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí