A Policía esixe identificación ós asistentes ó pleno

     VILAGARCÍA> O alcalde ordenou á Policía Local a que identificase ós asistentes á sesión antes de acceder a Ravella. Este feito provocou as iras dos grupos da oposición.

    {flowplayer}images/salnes/PlenoVilla_290413.flv{/flowplayer} 

    Máis de tres cuartos de hora retrasouse o inicio do pleno en Vilagarcía, canda menos o debate dos puntos que aparecían na orde do día. E é que por orde do alcalde, dous axentes da Policía Local posicionáronse ás portas de Ravella para identificar ás persoas que entraban no concello. Tomás Fole, xa no salón de plenos, argumentou que se trataba dunha medida de seguridade, para controlar o aforo. Argumentos que non lle bastaron para frear as iras da oposición que cargou con dureza contra o goberno local por esta medida.

    Dende o PSOE reivindicaron a asistencia libre ós plenos e trasladóuselle a opción de trasladalos ó Auuditorio se era por cuestión de aforo. BNG e Esqueda Unida foron máis alá, ameazando con marcharse da sala se é que non se rachaba co papel no que figuraban os nomes dos asistentes como público. Despois de case 50 minutos de discusión o alcalde zanxou acusando á oposición de crispar o ambiente. Segundo os portavoces dos grupos da oposición, esta era a primeira vez que un feito así ocorría en Vilagarcía nos anos de democracia.

    Outro dos puntos relevantes, fora da orde do día, era a presencia de varios colectivos da cidade que protestaban pola entrada en vigor o vindeiro mércores 1 de maio da ordenanza de circulación.

    O alcalde emprazou a estes grupos a reunirse e dialogar nunha xuntanza o xoves, algo que espertou as iras dos veciños xa que a esas alturas a ordenanza xa terá entrado en funcionamento.Nesta sesión plenaria tamén tomou posesión do seu cargo como concelleira Sandra García e tratáronse mocións sobre diferentes actuacións e melloras no municipio presentadas por PSOE e BNG.

    Redacción Salnés