Gey avoga pola unidade para recuperar a confianza dos cidadáns

     BARBANZA> Tras conseguir o apoio maioritario da militancia, Carlos Gey exerce xa como novo coordinador comarcal do PSOE . O seu obxectivo principal é favorecer a unidade das doce agrupacións.

    {flowplayer}barbanza/coordinadorcomarcalpsoebarbanza.flv{/flowplayer}

    Non é tarea doada pero Carlos Gey, novo coordinador comarcal do PSOE barbanzán, ten claro o seu obxectivo: recuperar a credibilidade dos cidadáns.

    Coa unidade como premisa básica, é consciente do arduo traballo que implica o cargo. Asúmeo con ilusión e con ansias dun proxecto global que incremente o peso do Barbanza na representación do propio partido e da sociedade.

    Ante a situación interna do partido, Carlos Gey amósase partidario das primarias abrindo o partido á participación. Neste sentido, considera necesario pechar canto antes os conflitos entre a dirección autonómica e nacional para centrarse en traballar por e para a cidadanía.

    Neste sentido, Gey considera que o partido socialista encarna ás políticas alternativas ás que está promovendo o PP na actualidade coas que se amosa moi crítico.

    Redacción Barbanza