![]()
SANXENXO> Os amantes da billarda teñen esta fin de semana unha cita en Sanxenxo. O sábado pola tarde recala na praza do Mar a Liga da Conferencia Rías Baixas. Non se trata dunha competición pechada, senón máis ben todo o contrario. Todo o mundo que queira, sen excepción, poderá participar.
{flowplayer}images/salnes/Billarda_020513.flv{/flowplayer}
Sen excepción algunha, todo o mundo que queira, forme ou non parte da liga, coñeza ou non o deporte, sexa home ou muller, maior ou menor de idade, todos poden xogar á billarda na Praza do Mar, este sábado a partires das 16:30 horas. Alí recalará unha xornada da Conferencia Rías Baixas, pertencente á Liga Nacional de Billarda e organizada pola Asociación Cultural Bateas.
Cada vez son máis os equipos que toman parte desta liga que ano a ano vai gañando en participación. Veremos conxuntos de O Grove, Marín, Ribadumia, Poio, Meis e como non de Sanxenxo. Os organizadores, no seu desexo de difundir ó máximo este deporte tradicional galego, incluso explicarán e axudaranlle a aprender o xogo ós máis inexpertos.
Despois desta, o día 18 xogarase a última xornada de liga tamén en Sanxenxo, na parroquia de nantes, que dará paso á Gala de Billarda, a celebrarase no auditorio Emilia Pardo Bazán.
Redacción Salnés






