![]()
RIBADUMIA> Alumnos de primaria do Colexio Xulia Becerra Malvar, de Barrantes-Ribadumia, recibiron hoxe a súa licencia como cooperativa.
{flowplayer}images/salnes/proxecto_cooperanova.flv{/flowplayer}
Uns 20 nenos aportaron un capital inicial de seis euros, organizáronse en departamentos como unha gran empresa e produciron con material de refugallo varios artigos que venderán en breve conseguindo beneficios.
Este é o segundo ano que estes rapaces crean unha cooperativa como as de verdade, o que os está a preparar para cando o día de mañá teñan que entrar no mercado laboral.
Amais, estes emprendedores poderán vender os seus productos nun stand na próxima feira do Viño Tinto do Salnés; co que agardan conseguir beneficios para recuperar a inversión inicial, axudar a unha ONG da contorna e deixar algo de capital para desfrutar cunha actividade en grupo.
Esta iniciativa é posible grazas ó proxecto da Deputación Cooperanova; destinada a fomentar a cultura emprendedora entre os cativos. O éxito da iniciativa foi tal que outros alcaldes como o de Meis, xa está pensando en importar a idea para o seu Concello.
Redacción Salnés










