O BNG pide a reprobación dos deputados do PP por apoiar a quita

     BARBANZA> O BNG posicionouse do lado dos preferentistas solicitando a reprobación dos quince deputados galegos do PP no Congreso que apoiaron o decreto que autoriza a quita.

    {flowplayer}barbanza/bngbarbanzaquitapreferentes.flv{/flowplayer}
     
    A intención do BNG é poñer nome e apelidos ós responsables de legalizar a estafa das preferentes que en Galicia afecta a milleiros de familias.
     
    Os nacionalistas acusan ó PP de promover políticas que benefician ós bancos en lugar da cidadanía e critican especialmente a actitude dos deputados galegos que apoiaron co seu voto o decreto para a conversión en accións, previa quita, das participacións preferentes e subordinadas.
     
    Por esta razón, presentarán nos distintos concellos unha iniciativa solicitando a reprobación dos quince parlamentarios galegos así como o rexeitamento das políticas do goberno central.
     
    Redacción Barbanza