![]()
SANXENXO> Tralas manifestacións de onte, neste segundo de maio continuaron as mobilizacións, desta volta polos afectados…
{flowplayer}images/salnes/preferentes_portonovo.flv{/flowplayer}
… polas preferentes. Os afectados do Salnés fixeron os seus primeiros cálculos sobre as perdas que suporía a aplicación das quitas a día de hoxe, e só na oficina de Portonovo deixaría cifras astronómicas de perdas para os clientes.
Nesta manifestación que comezou sobre as once da mañá no mercadiño de Portonovo, os afectados polas preferentes do Salnés estiveron arroupados polos seus compañeiros da plataforma de Marín-Pontevedra. Desde aquí partiron, unha vez máis pancarta en man, ata a oficina que Novagalicia Banco ten en Portonovo.
Unha sucursal, que por certo, non abriu as súas portas ó público, a ningún cliente ata a unha da mediodía, cando rematou a concentración. Con todo, malia non abriren ás portas tiveron que escoitar un día máis os berros e apupos dos aforradores que no seu día foron estafados.
Conforme avanza a ameaza de que se apliquen as quitas avívanse os ánimos dos preferentistas. Teñen medo a quedarse do seu e seguen na rúa ata que se lles dea unha solución que non conleve a perda dos seus aforros.
Redacción Salnés








