A Mesa Local de Comercio intentará que os negocios teñan horario libre

    mesalocalcomerciosanxenxo copia.jpg SANXENXO> Foi unha das decisións tomadas polo órgano, que se constituíu hoxe. Intégrano membros do goberno local, de entidades comerciais e Industria.

    {flowplayer}images/salnes/mesa_local_comercio_sanxenxo_061011.flv{/flowplayer}

    Sanxenxo conta desde hoxe cunha Mesa Local de Comercio. Esta mañá quedou constituído este órgano no que participan o Concello e a Consellería de Industria e, por parte do sector comercial, Entretendas, as asociacións das prazas de abastos, e a asociación de consumidores do Salnés.

    A Mesa Local do Comercio reunirase trimestralmente. Entre outras funcións, participará no deseño de campañas de promoción do comercio que poña en marcha o Concello, e proporá á administración local iniciativas para mellorar este sector. Hoxe proúxose buscar un recoñecemento específico para Sanxenxo como concello de interese turístico para que os horarios de peche no verán no afecte a negocios de máis de 150 metros cadrados.

    Nesta primeira reunión, os representantes de Concello e Xunta deron conta das obras de mellora do recinto onde se celebra o Mercadiño de Baltar. Traballos que logo visitaron a alcaldesa e mailo delegado territorial da Xunta en Pontevedra. Segundo adiantaron, o luns volverá a celebrarse na zona o mercado ambulante, logo de dous días sen poder facerse.

    Redacción Salnés