![]()
RIBEIRA> O patrón do Eros, retido en Libeira durante quince meses, xa está de volta na casa. O ribeirense puido regresar grazas ó acordo ó que chegou coas autoridades do país africano.
{flowplayer}barbanza/regresoamardorribeira.flv{/flowplayer}
Alberto Suárez abraza ó seu fillo do que pasou separado case dous anos. Nove meses faenando en augas africanas e quince retido en Liberia por unha acusación de pesca ilegal. Malia que Alberto sempre defendeu a súa inocencia posto que contaba con tódolos certificados requiridos para traballar na zona, o exceso de burocracia e a falla de cooperación internacional prolongaron a situación ata que esta mesma semana rematou o pesadelo.
Para Alberto non é doado lembrar os malos momentos vividos, con constantes extorsións. Finalmente conseguiu chegar a acordo co goberno liberiano para poder regresar pero ten claro que o único interese das autoridades africanas era económico.
Trámites pendentes
Agora tenta desfrutar da súa familia pero son moitos aínda os problemas pendientes. Por unha banda, a tripulación que aínda permanece alí e os trámites para repatriar o corpo dun dos mariñeiros, que faleceu a bordo.
Por outra banda, o barco con bandeira portuguesa permanece aínda fondeado en Libeira. Para a súa retirada precisa dun certificado especial de navegabilidade xa que actualmente ten tódolos permisos caducados.
o Á espera de solucionar todos estes trámites Alberto non ten claro o seu futuro. Preferiría non ter que volver a traballar en África para evitar o risco de verse nunha situación semellante. Sen embargo, o tempo dirá.
Redacción Barbanza









