As tres Deputacións do PP inician un vieiro de traballo en común

    PONTEVEDRA> As Deputacións de A Coruña, Ourense e Pontevedra veñen de emitir unha declaración institucional

    {flowplayer}images/salnes/xuntanza_deputacions.flv{/flowplayer}

    … conxunta froito da súa primeira xuntanza de traballo ca que intentan crear unha liña de cooperación e intercambio de experiencias. Unha posta en común que persegue acadar unha maior eficiencia e rendibilidade das accións e servicios que levan a acabo; cun aforro nos custes.

    Para lograr estes obxectivos, os tres presidentes provinciais, Calvo, Baltar e Louzán acordaron manter próximas reunións a tres bandas, que derivarán na constitución duns Grupos de Traballo de Técnicos dos distintos Servicios provinciais, que concretarán os obxectivos das Deputacións.

    Asemade; as Deputacións intentarán acadar unha maior vertebración do territorio. Serán os técnicos os que determinen os temas prioritarios para esta posta en común; como puideran ser os servicios sociais, as estradas ou a mancomunación de servicios como o da recollida de residuos en Concellos de menos de vinte mil habitantes.

    Unha vez coñecidas as súas propostas, estas tres das catro Deputacións galegas abriranse a colaboración doutras administracións; como é o caso da de Lugo, que non foi convocada ate o de agora.

    Redacción Salnés