Pontevedra pechará as contas con Novagalicia Banco como represalia

     PONTEVEDRA> O Pleno de Pontevedra ven de aprobar por unanimidade o deslinde entre este termo municipal e o do veciño Poio.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_pontevedra.flv{/flowplayer}

    Os tres grupos da corporación aseguran defender así os intereses dos pontevedreses dando a valer así os intereses consolidados no deslinde do 1989. Os pontevedreses lamentaron non ter chegado a un acordo previo ca corporación veciña, a do Concello de Poio. Con todo, entenden que os estudios cartográficos feitos ex profeso lle dan a razón. Os populares aseguran que a toponimia da zona indica que os terreos ocupados arestora polas sedes dos Bombeiros e da Garda Civil apunta a que esta xunqueira e a zona firme delimitada desde Pedra Pinela é parte de Pontevedra.

    O outro dos grandes puntos destacados deste pleno foi a aprobación unánime da moción presentada polo PSdeG local na que insta á cancelación das contas que o Concello de Pontevedra ten en Novagalicia Banco. Segundo este acordo plenario, o executivo pontevedrés deixará de traballar con esta entidade bancaria para non darlle así beneficio algún ata que resolvan favorablemente o problemas dos afectados polas preferentes.

    Os membros da corporación entenderon que só así deixan de ser ambiguos e de ter unha dobre moral: por un lado defendendo ós afectados e polo outro enriquecendo a quen os estafou e non lles está a resolver o problema. Pontevedra é o primeiro Concello en adoptar esta contundente medida que agora trasladará á FEGAMP e á FEMP, e da que agardan que o FROP e outros Concellos galegos tomen boa conta. Amais, o pleno o completo de Pontevedra anunciou que tamén sería unánime no apoio ós afectados na manifestación das preferentes do vindeiro venres día 10; data antes da cal pendurarán na fachada do Concello unha pancarta de apoio a esta causa.

    Aínda máis aló, o popular Jacobo Moreira solicitou un convenio co Colexio de Avogados que facilite economicamente o recurso xudicial dos afectados; e o nacionalista Mosquera avogou por ir máis aló na procura de que os responsables da emisión destes productos tóxicos senten no banquiño dos acusados.

    Redacción Salnés