Un ferido grave tras ser agredido nos pisos okupas das Abesadas

RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira investiga a presunta agresión a un veciño da localidade. O suceso producíase este pasado sábado ó mediodía no barrio das Abesadas, nos coñecidos coma pisos ‘okupas’.

Foi un veciño do inmoble quen alertou á Policía tras atopar a un home inconsciente nas escaleiras. Ademais dos axentes desprazouse ata o lugar unha ambulancia do 061 que trasladou ó ferido ata o Hospital Clínico de Santiago. Atópase en estado grave posto que presentaba unha fractura no cranio.

Todo apunta a que vítima sufriu un golpe na cabeza cun obxecto contundente, posiblemente unha barra metálica. A policía científica desprazouse ata o edificio na busca de restos e pegadas que axuden a esclarecer os feitos e dar co autor da agresión.