Medio Rural e Areeiro renovan o seu convenio de colaboración

     PONTEVEDRA> A Consellería do Medio Rural ven de renovar o acordo de financiamento de estudios da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

    {flowplayer}images/salnes/convenio_louzan_quintana.flv{/flowplayer}

    Este convenio suporá unha nova achega de 120.000 euros anuais para que este ente dependente da Deputación Provincial de Pontevedra siga a traballar na detección e control das pragas que afectan ás principais produccións agrícolas e forestais de Galicia.

    Este traballo conxunto desde fai moitos anos contribúe a que o sector forestal galego, considerado estratéxico, poida cumprir ca estricta normativa da Comunidade Europea, e sexa quen de atallar desde o cerne problemas que poden ser de gran relevancia económica e natural como, por exemplo, a aparición do chancro resinoso detectado na zona de As Neves e Salvaterra. Un nematodo da madeira, que de non ter conta del, podería espallarse rapidamente a outras zonas.

    Amais de nos pinos e noutras especies arbóreas, o traballo dos técnicos da Estación Fitopatolóxica do Areeiro centrarase tamén noutros productos típicos do Salnés como o viño, o kiwi ou as hortalizas.

    Redacción Salnés