O aparcadoiro do Centenario abrirá as 24 horas a partir do 1 de agosto

RIBEIRA> O vindeiro 1 de agosto comezará a funcionar o novo servizo de conserxería no aparcadoiro do Centenario. Isto implicará que a instalación abra en horario ininterrompido durante as 24 horas, de luns a domingo.

O concello de Ribeira procederá este mes a adxudicar o contrato de conserxería no aparcadoiro do Centenario. A partir do un de agosto, as instalación permanecerán abertas tódolos días do ano cun horario ininterrompido as 24 horas.

Instalaranse tamén unhas novas barreiras de acceso así como caxeiros automáticos que permitan o pagamento dixital.

Con estas actuacións concluirá a reforma integral do parking para prestar un servizo axeitado ós seus usuarios.