O BNG reclama unha nova reordenación no porto crucense

     BOIRO> A través do grupo parlamentario, os nacionalistas interesaranse polos retrasos nas obras de ampliación e mellora neste peirao.

    {flowplayer}barbanza/bngmellorasportocabodecruzdanielrodas.flv{/flowplayer}

    O deputado nacionalista, Daniel Rodas, achegouse ó peirao de Cabo de Cruz, para coñecer de primeira man as principais carencias que presenta actualmente o peirao. Acompañado dos membros do grupo municipal nacionalista na corporación, Daniel Rodas, incidiu na necesidade de mellorar o seu abrigo, así como o incrementar os puntos de atraque. Dúas vellas reivindicacións do sector marisqueiro e mexilloeiro que opera nesta dársena. O deputado nacionalista facía alusión precisamente ó compromiso do actual presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nada máis tomar posisión no cargo, que poñía o mes de decembro de 2011 como prazo de remate das instalacións para embarcacións da 3ª e 4ª lista.

    Máis pantaláns

    Segundo os nacionalistas, o peirao de Cabo de Cruz, é o único en toda a Ría de Arousa que carece de pantaláns.

    Redacción Barbanza